Noticias

A Xunta inviste 30.000 euros no embelecemento do Camiño de Inverno en Carballeda

A Xunta de Galicia investiu 30.000 euros no embelecemento da contorna do Camiño de Inverno en Carballeda de Valdeorras.

Esta actuación centrouse na retirada de contedores e residuos na área de afección desta ruta xacobea.

A Xunta inviste 30.000 euros no embelecemento do Camiño de Inverno en Carballeda

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse este mércores ao municipio para supervisar o estado das obras, acompañado pola alcaldesa, María del Carmen González.

A Xunta inviste 30.000 euros no embelecemento do Camiño de Inverno en Carballeda
Foto: Delegación da Xunta

A intervención conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, ao abeiro da orde de axudas para a mellora de infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes.

Durante a visita, Manuel Pardo lembrou que na última resolución desta liña de subvencións a Xunta destinou preto de 920.000 euros a 31 concellos da provincia de Ourense. O obxectivo é impulsar e consolidar a actividade turística no medio rural e favorecer a diversificación turística no territorio.

Os municipios beneficiados foron Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Verea, Maside, Oímbra, Bande, Vilar de Barrio, O Bolo, Allariz, Arnoia, Larouco, Sandiás, Cualedro, Muíños, Lobios, A Peroxa, Castrelo do Val, A Merca, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, A Teixeira, Leiro, Petín, Vilariño de Conso, Ribadavia, Melón, Lobeira, Montederramo, Castrelo de Miño, Cartelle e A Gudiña.

Posta en valor turístico dos recursos locais

Esta orde, dotada con 2 millóns de euros, ten como finalidade a posta en valor turístico dos recursos locais. Este fin conséguese mediante a súa rehabilitación ou restauración para usos turísticos, así como a recuperación de elementos etnográficos e da arquitectura tradicional. Tamén inclúe actuacións para mellorar a accesibilidade, eliminar barreiras arquitectónicas e reforzar a sinalización integrada e respectuosa coa contorna.

Segundo indicou o delegado territorial, estas axudas buscan desenvolver un turismo baseado na calidade, a accesibilidade e a sustentabilidade. Tamén pretende potenciar o turismo como motor de crecemento económico e favorecer o seu papel como ferramenta de reequilibrio territorial.

As subvencións permiten financiar, entre outros gastos, a mellora da sinalización de sendeiros, a iluminación e accesos a recursos turísticos, a posta en valor de conxuntos patrimoniais, o acondicionamento de recursos culturais e paisaxísticos ou a recuperación de elementos tradicionais como fontes e muíños.

Botón volver arriba