Eventos

Cinema solidario en O Barco a favor da loita contra o cancro

O Barco de Valdeorras será escenario dunha nova iniciativa solidaria coa proxección do filme “O Último Suspiro”, que terá lugar o 4 de febreiro de 2026 ás 20:00 h no Teatro Lauro Olmo.

A actividade, organizada polo Cine Club Groucho Marx, terá carácter benéfico e destinará todo o recadado á Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.

Cinema solidario en O Barco a favor da loita contra o cancro

A sesión contará cun prezo simbólico de 3 euros, co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza. As entradas solidarias xa están á venda en varios puntos do municipio:

  • Sede da Asociación Española Contra o Cancro en O Barco
  • Oficina da Asociación no Hospital de O Barco
  • No propio cine o mesmo día da proxección
Cinema solidario en O Barco a favor da loita contra o cancro

Esta acción solidaria conta coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia e do Concello de O Barco de Valdeorras. Estas entidades colaboran cunha proposta que aposta pola cultura como ferramenta de compromiso social e participación cidadá.

Desde a Asociación Española Contra o Cancro animan á veciñanza a implicarse nesta iniciativa que une cinema, solidariedade e apoio á loita contra o cancro, destacando a importancia de pequenos xestos colectivos para avanzar na investigación, prevención e acompañamento ás persoas afectadas.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.