Noticias

Varios concellos de Ourense organizan autobuses a Madrid en apoio ao sector primario

Un servizo de Autobuses dende concellos rurais de Ourense a Madrid facilitarán a participación nas reivindicacións do sector primario o vindeiro día 11.

Esta mobilización é en defensa da actividade gandeira e agrícola, clave para a economía provincial.

Varios concellos de Ourense organizan autobuses a Madrid en apoio ao sector primario

Varios concellos da provincia colaboran para organizar un servizo de transporte colectivo con destino á capital do Estado, co obxectivo de apoiar ao sector primario e visibilizar a importancia do rural ourensán. A iniciativa preséntase como unha mostra de respaldo aos produtores locais e ao conxunto das familias que viven da terra e da gandaría.

Varios concellos de Ourense organizan autobuses a Madrid en apoio ao sector primario
Xuntas e xuntos polo Rural

A convocatoria está aberta a todas as persoas que queiran sumarse á viaxe e participar nas reivindicacións previstas en Madrid. Segundo a información facilitada, os autobuses sairán o mércores 11, polo que é necesario formalizar previamente a inscrición.

As persoas interesadas poden anotarse no seu Concello ata o martes día 10 ás 10:00 h, sempre que haxa prazas dispoñibles. A organización lembra que o prazo pecharase nese momento ou antes, no caso de completarse a capacidade dos vehículos.

Baños de Molgas, Xunqueira de Espadanedo, San Xoán de Río, Xunqueira de Ambía, Paderne de Allariz, Porqueira, Os Blancos, Baltar, Trasmiras, Sarreaus, Cualedro, O Riós, A Veiga e Manzaneda figuran entre os municipios implicados nesta acción conxunta.

Baixo o lema “Defender o sector primario é defender o rural”, os concellos participantes subliñan que a actividade agraria e gandeira resulta esencial para fixar poboación, manter a paisaxe e garantir o desenvolvemento económico da provincia de Ourense.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.