Eventos

O medo protagoniza o 14º concurso literario de OZOCOgz

O 14º concurso de micro-relatos OZOCOgz xa ten abertas as súas bases cunha temática central clara: O MEDO.

A iniciativa literaria, que cada ano suma novas voces da creación en galego, manterá aberto o prazo de participación entre o 10 de febreiro e o 30 de abril de 2026, ambas datas incluídas.

O medo protagoniza o 14º concurso literario de OZOCOgz

O certame está dirixido a persoas maiores de 16 anos con perfil en Facebook. Os textos deberán estar escritos en lingua galega, tanto na normativa ILG-RAG como na AGAL, ser orixinais, inéditos e non presentados nin premiados noutros concursos.

O medo protagoniza o 14º concurso literario de OZOCOgz

Unha temática universal: o medo

Baixo o título xenérico O MEDO, a organización propón unha reflexión creativa arredor dun sentimento común a persoas e animais. O medo pode provocar desacougo, mais tamén activar mecanismos de defensa e superación. Trátase dunha emoción transversal que acompaña ao ser humano dende a infancia até a morte.

O concurso anima ás autoras e autores a explorar medos racionais ou imaxinarios, presentes ou futuros. A literatura universal e o propio refraneiro galego ofrecen abondosos exemplos desta emoción como motor narrativo.

Publicaciones relacionadas

Requisitos de participación

Cada participante poderá presentar un único micro-relato cunha extensión máxima de 150 palabras. Para que a obra sexa admitida, deberán cumprirse os seguintes requisitos obrigatorios:

  • Ter 16 anos ou máis.
  • Dispoñer dun perfil en Facebook.
  • Compartir o evento do concurso etiquetando @ozocogz e empregando #ConcursoMicro-relatosOZOCOgz e #ConcursoMicrorrelatosOZOCOgz.
  • Premer en “Gústame” na páxina oficial de OZOCOgz e facerse seareiro/a.

Os relatos poderán enviarse mediante mensaxe privada á páxina de Facebook de OZOCOgz ou ao correo electrónico micro-relatos@ozocogz.gal, indicando no asunto “14 CONCURSO MICRO-RELATOS OZOCOgz”. En ambos casos deberá incluírse o nome do relato, un pseudónimo e un número de teléfono de contacto.

A organización lembra que non se poden publicar directamente os textos en redes sociais, xa que esa tarefa corresponde exclusivamente a OZOCOgz.

Xurado e premios

O xurado desta décimo cuarta edición está composto por Alba Rguez. Saavedra, Manuel Esteban Domínguez, Óscar Reboiras Loureiro e Fernando Miranda Estévez, xunto coa gañadora da pasada edición, Rita Doallo.

Establécense dous premios:

  • Primeiro premio: o xogo O Xogo do PICAPAU, unha noite para dúas persoas con almorzo buffet e acceso a piscinas minero medicinais no Balneario de Laias ou Lobios, e unha degustación gastronómica para dúas persoas en Casa Gazpara (O Carballiño).
  • Segundo premio: unha camisola e un caderno de OZOCOgz e un lote de libros das editoriais Belagua e Galaxia.

O fallo do xurado, que será inapelábel, darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas. A organización poderá declarar deserto algún dos premios se considera que as obras non acadan a calidade requirida.

Cesión de dereitos

As persoas participantes autorizan a divulgación pública das súas obras por parte de OZOCOgz. Ademais, ceden en exclusiva durante dez anos os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación. En caso de querer explotar economicamente a obra, deberán solicitar autorización previa á entidade organizadora.

A participación implica a aceptación íntegra das bases.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.