Noticias

Medio Rural incrementa as axudas a empresas rurais en 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, lembrou que ata o 19 de febreiro permanece aberto o prazo para solicitar as subvencións destinadas a proxectos de investimento en actividades non agrícolas.

Estas axudas son convocadas pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Medio Rural incrementa as axudas a empresas rurais en 2026

Estas achegas contan cun orzamento de 2,7 millóns de euros en 2026, o que supón un incremento de 600.000 euros respecto ao ano anterior.

Medio Rural incrementa as axudas a empresas rurais en 2026
Foto: Delegación da Xunta

O representante autonómico fixo este recordatorio durante unha visita á empresa Mecanizados Losada S.L., no concello de Monterrei, acompañado polo alcalde, José Luís Suárez.

A firma foi unha das beneficiarias da convocatoria de 2025, ao recibir 66.600 euros. Na provincia de Ourense, un total de 12 iniciativas empresariais accederon a estas axudas, cun investimento próximo aos 372.000 euros.

Segundo explicou Pardo, o obxectivo destas subvencións pasa por financiar a adquisición de bens de equipo vinculados á actividade empresarial. Favorecen así a ampliación e modernización das compañías xa existentes no medio rural.

O delegado destacou que estas accións permiten reforzar o tecido produtivo rural, crear novas oportunidades laborais e consolidar emprego, contribuíndo á fixación de poboación nas contornas rurais. As axudas están dirixidas a pequenas empresas situadas en zonas rurais e tamén a persoas físicas residentes nestes ámbitos.

“Deste xeito contribúen ao desenvolvemento de actividades en ámbitos como a produción de bens e materiais, a transformación e comercialización de produtos agrarios ou a prestación de servizos”, sinalou.

Nos últimos dez anos, a Xunta destinou máis de 20,6 millóns de euros a este programa. Esto permitiu apoiar a máis de 500 novas empresas, xerar máis de 450 empregos e consolidar arredor de 3.850 postos de traballo en Galicia.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.