Noticias

Manuel Pardo participa no Luns Borralleiro de Laza

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá no Luns Borralleiro do Entroido de Laza, declarado Festa de Interese Turístico Nacional, nunha das xornadas máis emblemáticas do calendario festivo galego.

Pardo asistiu aos actos acompañado do alcalde de Laza, José Ramón Barreal, nun día marcado pola tradición, a identidade local e a alta participación veciñal e de visitantes.

Manuel Pardo participa no Luns Borralleiro de Laza

O Luns Borralleiro constitúe un dos momentos centrais do Entroido lazano, recoñecido pola súa singularidade e pola conservación de rituais ancestrais.

Manuel Pardo participa no Luns Borralleiro de Laza
Foto: Delegación da Xunta

Durante a xornada desenvolvéronse as tradicionais actividades da Farrapada, unha das escenas máis populares e multitudinarias, así como a Xitanada de Burros, que percorre as rúas da localidade mantendo vivo o espírito satírico do Entroido.

Posteriormente celebrouse a Baixada da Morena, que culminou na praza da Picota co lanzamento de formigas e fariña, nun ritual cargado de simbolismo que cada ano congrega centos de persoas.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.