O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Amoeiro, José Luis González, para analizar as principais necesidades do municipio en ámbitos que son competencia da Administración autonómica e estudar novas vías de cooperación.
Durante o encontro, celebrado na Delegación Territorial, ambas as partes abordaron cuestións prioritarias para o concello e avaliaron posibles iniciativas que permitan avanzar na mellora dos servizos públicos e das infraestruturas locais.
Xunta e Amoeiro reforzan a colaboración institucional
Manuel Pardo trasladoulle ao rexedor “o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio”, reafirmando así a disposición do Goberno galego a manter unha colaboración fluída co Concello de Amoeiro.


