Noticias

A Xunta inviste 362.000 euros no CEIP Padre Crespo

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía recibe un investimento de máis de 362.000 euros da Xunta para obras de ampliación e reforma interior.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o centro acompañado do alcalde, José Luis Gavilanes, para supervisar os traballos.

A Xunta inviste 362.000 euros no CEIP Padre Crespo

Segundo explicou o representante autonómico, a actuación mellora os espazos destinados ao equipo directivo e ao profesorado, renova os aseos e reforza a accesibilidade do edificio. “Queremos centros ao servizo da aprendizaxe e da convivencia, con espazos accesibles e cómodos”, sinalou, en referencia ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia.

A Xunta inviste 362.000 euros no CEIP Padre Crespo
Foto: Delegación da Xunta

As obras incluíron a ampliación sobre o patio cuberto para crear unha nova aula, despacho, sala de profesores e aseos, ademais dunha nova escaleira exterior. Tamén se reformaron baños na planta baixa e no edificio de aulas, onde se renovaron instalacións e se mellorou o illamento nas zonas con humidades.

Manuel Pardo destacou que estas intervencións reforzan o compromiso da Xunta coa mellora das infraestruturas educativas na provincia de Ourense.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.