A Xunta reforza o comercio local tras destinar preto de 230.000 euros aos centros comerciais abertos da provincia de Ourense na última convocatoria.
O delegado territorial, Manuel Pardo, visitou establecementos da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, que recibiu 28.000 euros para mellorar a súa capacidade de dinamización. Tamén foron beneficiarios os centros comerciais abertos de Verín, Ourense, O Barco, Celanova e Ribadavia.
A Xunta reforza o comercio local en Ourense
Durante a visita, lembrou que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mantén aberta ata o 12 de marzo unha nova orde de axudas, dotada con 2,5 millóns de euros, para impulsar o comercio de proximidade nas vilas e cidades ourensás.

A convocatoria aposta pola concorrencia competitiva e pola excelencia das propostas. Valorarase a formación dos comerciantes, a fidelización da clientela e a capacidade de atraer novos negocios asociados. Como novidade, subvencionaranse servizos de ludoteca e espazos infantís.
Os investimentos máximos subvencionables oscilarán entre 40.000 e 65.000 euros, segundo o número de comercios adheridos. A intensidade da axuda poderá alcanzar ata o 90 %, en función da puntuación obtida.

