Noticias

Celanova renova a rúa Castor Elices con 464.000 euros

A urbanización da rúa Castor Elices en Celanova rematou cun investimento de 464.000 euros do Fondo de Cooperación da Xunta, segundo destacou o delegado territorial, Manuel Pardo, nunha visita xunto ao alcalde, Antonio Puga.

As obras permitiron mellorar a accesibilidade, ampliar beirarrúas e renovar servizos básicos, ademais de reorganizar o tráfico e os aparcamentos nun vial con maior circulación tras a apertura da AG-31. Tamén se reforzou a imaxe urbana do municipio.

Celanova renova a rúa Castor Elices con 464.000 euros

Pardo lembrou que está aberto ata o 15 de outubro o prazo para solicitar novos préstamos deste fondo, dotado con máis de 3 millóns de euros para rehabilitación e 8,6 millóns para vivenda protexida en 2026.

Celanova renova a rúa Castor Elices con 464.000 euros
Foto: Delegación da Xunta

Botón volver arriba