Noticias

O PSdeG homenaxea a memoria republicana en Ourense

As e os socialistas de Ourense conmemoraron o 95 aniversario da II República cun acto de homenaxe ás persoas que loitaron pola liberdade.

O acto estivo marcado pola lembranza e o recoñecemento no Cemiterio de San Francisco, onde se realizou unha ofrenda floral ás persoas represaliadas.

O PSdeG homenaxea a memoria republicana en Ourense

No acto participaron a secretaria xeral local, Natalia González Beneitez; o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de formación das Xuventudes Socialistas, Daniel Barredo; e o secretario provincial de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión.

O PSdeG homenaxea a memoria republicana en Ourense
Foto: PSdG

Durante a súa intervención, González Beneitez destacou que “a súa memoria obríganos a non esquecer, a defender a democracia cada día e a seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta”. A representante socialista puxo o foco na importancia de manter vivo o recordo das vítimas e na necesidade de reforzar os valores democráticos.

Desde o PSdeG subliñaron que levan tempo promovendo medidas en materia de memoria democrática. Entre elas, sinalaron a dignificación de espazos simbólicos. Lembraron a proposta de declarar o Campo de Aragón como lugar de memoria e renomealo como Praza da Segunda República.

Así mesmo, as e os socialistas insistiron na retirada da simboloxía franquista aínda existente e no recoñecemento ás vítimas e ás súas familias. Tamén solicitaron o impulso de iniciativas educativas que garantan que as novas xeracións coñezan a historia.

Botón volver arriba