O emprendemento local en Ourense medra coa creación de Mermelonia, unha iniciativa artesanal centrada en marmeladas e conservas sen aditivos.
O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos a Olga Simón e Daniel Rodríguez, impulsores deste proxecto con centro de produción na Lonia.
Mermelonia, nova aposta artesanal no barrio da Lonia
A empresa naceu en novembro de 2025 tras profesionalizar produtos elaborados para autoconsumo, cumprindo todos os requisitos legais. “Facemos marmeladas de pemento, tomate ou froita de tempada, ademais de salsas e compotas, todo producido por nós”, explicou Daniel Rodríguez.

As súas marmeladas destacan como acompañamento para queixos, carnes ou peixes á prancha. “Están exquisitas”, aseguran.

