O cemiterio municipal de Santa Mariña amplía a súa capacidade coa incorporación de 168 novos columbarios, reforzando un servizo con demanda crecente entre a cidadanía.
Esta nova infraestrutura eleva a oferta total ata 756 columbarios, consolidando a aposta do goberno municipal por adaptar os servizos funerarios ás necesidades actuais.
Santa Mariña amplía columbarios con 168 novas unidades
Cada unidade conta con capacidade para ata 12 urnas de cinzas e tamén permite albergar unha caixa de restos.

Segundo establece a normativa municipal, as concesións poden formalizarse por períodos de 5 ou 50 anos, cun custo que oscila entre 75 e 336 euros, respectivamente. As persoas interesadas poden solicitar información ou realizar trámites no servizo municipal de Cemiterios, situado na rúa Bispo Carrascosa, número 8

