A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá, nunha sesión extraordinaria e urxente, a convalidación da omisión da función interventora e do gasto comprometido en acordos plenarios adoptados os días 29 e 30 de decembro de 2025.
Esta decisión permitirá facer fronte aos atrasos acumulados cos servizos municipais de auga e limpeza, que suman máis de 24,7 millóns de euros.
O Concello de Ourense valida máis de 24,7 millóns en débedas
No caso da concesionaria Viaqua, o importe validado ascende a 16.170.069,06 euros, correspondentes á débeda acumulada polos servizos de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais ata o 31 de decembro de 2024.

Pola súa banda, Ecourense UTE percibirá 8.547.462,91 euros, relativos aos custos reais do servizo de limpeza viaria e recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, no período comprendido entre abril de 2022 e setembro de 2024.

