O BNG de Ourense cargou este martes contra o proxecto de orzamento municipal de 2026, que cualificou como “o orzamento de PP e DO”, asegurando que as contas responden a un acordo previo entre ambas formacións.
Luís Seara, portavoz nacionalista, xustificou a ausencia do grupo na última Xunta de Portavoces denunciando falta de respecto institucional e incumprimento do regulamento municipal na convocatoria.
O BNG cualifica de “pan e circo” o orzamento de Ourense para 2026
Sobre o contido das contas, Seara criticou que o expediente, de máis de 2.200 folios, non conte “co preceptivo informe da Intervención Xeral” e advertiu de que as bases de execución amplían, ao seu xuízo, o poder do alcalde á marxe do control económico e financeiro.

O BNG tamén cuestionou a política de persoal do Executivo e alertou da situación económica municipal, apuntando ao incremento da débeda con provedores.
Entre as partidas, os nacionalistas denunciaron o aumento do gasto en luces de Nadal, que pasa de 600.000 a 750.000 euros, e en festexos, mentres aseguran que diminúen os recursos destinados a Servizos Sociais.
O grupo municipal avanzou que non apoiará unhas contas que define como “o orzamento do pan e circo”.

