Noticias

O PSdeG presenta emendas sociais ao orzamento de Ourense

O PSdeG de Ourense presentou unha batería de emendas ao Orzamento Xeral do Concello de Ourense para 2026 co obxectivo de reforzar os servizos públicos, mellorar a planificación económica e impulsar novas políticas sociais.

A concelleira María Fernández Ojea resumiu a proposta asegurando que “traballamos nun presuposto para que a cidade poida medrar”.

O PSdeG presenta emendas sociais ao orzamento de Ourense

Entre as principais medidas, as socialistas propoñen un Plan Municipal de Loita contra a Fraude Fiscal, que permitiría incorporar 1,2 millóns de euros adicionais aos ingresos, así como plans específicos para o pago a provedores e a utilización do remanente de tesourería.

O PSdeG presenta emendas sociais ao orzamento de Ourense
Foto: PSdG

No ámbito social, reclaman un Plan Municipal de Vivenda 2026-2030, cunha dotación inicial de 3 millóns de euros, ademais dos programas “Ourense SUMA”, con 280.000 euros para apoiar ás familias fronte ao incremento das taxas, e “Ourense Medra”, con 300.000 euros destinados á infancia, conciliación e natalidade.

As emendas inclúen tamén actuacións en saúde mental, igualdade, cultura, deporte e transformación urbana, así como un plan de dinamización turística vinculado á chegada da alta velocidade.

Desde o PSdeG aseguran que todas as propostas manteñen o equilibrio orzamentario e buscan priorizar investimentos con impacto directo na cidadanía.

Botón volver arriba