Noticias

O BNG pide recuperar a Casa de Baños tras o incendio

O Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ourense cualificou o incendio rexistrado esta pasada madrugada na antiga Casa de Baños de Outeiro, situada nas traseiras da Cadea Vella de Ourense, como un exemplo do “desleixo, a falta de interese e o abandono” do actual executivo local cara ao patrimonio municipal.

Luís Seara, portavoz nacionalista, celebrou que non se producisen danos persoais e agradeceu o labor dos servizos de emerxencia, especialmente dos Bombeiros e da Policía Local.

O BNG pide recuperar a Casa de Baños tras o incendio

Desde o BNG lembran que o inmoble, de titularidade municipal e obra de Daniel Vázquez Gulías, ten un importante valor histórico e patrimonial. A formación acusa ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome de permitir a súa degradación e reclama que se esclarezan as causas do lume e se impulsen de inmediato actuacións para recuperar o edificio.

O BNG pide recuperar a Casa de Baños tras o incendio
Foto: BNG

Botón volver arriba