Noticias

O PSdeG pide protexer o patrimonio termal

O PSdeG-PSOE de Ourense amosou a súa tristeza e indignación tras o incendio que esta madrugada calcinou a antiga Casa de Baños de Outeiro, un inmoble que as socialistas consideran “un dos espazos máis simbólicos da memoria termal e patrimonial da cidade”.

A voceira socialista, Natalia González, reclamou ao goberno municipal un plan específico para protexer e recuperar o patrimonio termal, lembrando que existen liñas de financiamento autonómicas, estatais e europeas para este tipo de actuacións.

O PSdeG pide protexer o patrimonio termal

Dende o grupo socialista lembran que hai cinco anos xa advertiran no pleno do deterioro do edificio e do risco da súa perda. “O que ardeu esta noite non foi só un edificio, senón unha parte da memoria colectiva da cidade”, sinalan.

O PSdeG pide protexer o patrimonio termal

A formación tamén agradeceu o traballo dos bombeiros e dos efectivos de emerxencias, que evitaron danos maiores.

Botón volver arriba