O BNG de Ourense cualificou de “auténtica tomadura de pelo e falta de respecto” a suspensión do pleno extraordinario convocado para o vindeiro luns 18 de maio.
Nel estaba previsto abordar a aprobación inicial do Orzamento Xeral do Concello de Ourense para 2026, así como a posterior convocatoria dunha comisión de pleno para o día seguinte ás 08:30 h.
O BNG carga contra Jácome pola suspensión do pleno dos orzamentos
O portavoz do grupo municipal, Luís Seara, considera que o sucedido evidencia que o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “xoga coa institución por puro interese persoal”, asegurando que “os orzamentos municipais impórtanlle entre cero e nada e o único que pretende é desviar a atención para que non se fale dos seus problemas xudiciais”.

Desde a formación nacionalista insisten en que “o único que lle preocupa é o seu interese particular e electoral”, ao tempo que critican a xestión do rexedor no referente á tramitación dun documento que consideran clave para o funcionamento municipal.
Seara tamén denunciou que esta decisión supón “unha falta de respecto non só á oposición, senón tamén á veciñanza no seu conxunto”, ao tempo que acusou ao alcalde de “banalizar até o extremo a institución municipal”.

