Noticias

Jácome destaca a “reforma de luxo” de Alejandro Pedrosa

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, inaugurou esta mañá as obras de acondicionamento e mellora da rúa Alejandro Pedrosa, no barrio do Vinteún.

O proxecto contou cun investimento de 3,419 millóns de euros, financiado nun 80 % polo Concello e nun 20 % con fondos europeos Next Generation a través do Goberno de España.

Jácome destaca a “reforma de luxo” de Alejandro Pedrosa

Durante a inauguración, Jácome cualificou a actuación como “unha reforma de luxo” e asegurou que supón “un cambio radical” para unha rúa que presentaba graves problemas de accesibilidade, con beirarrúas moi estreitas. O rexedor afirmou ademais que o obxectivo do goberno municipal é “levar a calidade aos barrios”.

Jácome destaca a “reforma de luxo” de Alejandro Pedrosa
Foto: Concello de Ourense

O concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, destacou que a actuación buscou gañar espazo para os peóns, mellorar a seguridade viaria e humanizar a contorna.

As obras incluíron a creación dunha plataforma única, unha nova zona peonil e praza pública, unha glorieta para pacificar o tráfico, a plantación duns 60 árbores e a renovación das redes de saneamento, abastecemento, iluminación e telecomunicacións.

Botón volver arriba