Noticias

Jácome recibe aos cónsules de México e Uruguai

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá dúas reunións institucionais na Casa do Concello con representantes diplomáticos de México e do Uruguai en Galicia.

A xornada comezou coa recepción ao ourensán Alfonso Pereira, cónsul honorario de México en Galicia.

Jácome recibe aos cónsules de México e Uruguai

Posteriormente, o rexedor reuniuse con Ramiro Rodríguez Bausero, cónsul xeral do Uruguai, quen solicitou a audiencia con motivo da finalización das súas funcións oficiais no cargo.

Jácome recibe aos cónsules de México e Uruguai
Foto: Concello de Ourense

Desde o goberno municipal explican que estes encontros forman parte dos contactos periódicos que o Concello mantén con representantes doutros países presentes en Galicia co obxectivo de fortalecer relacións institucionais e abrir novas vías de colaboración.

Ao longo deste ano, o alcalde ourensán tamén recibiu na Casa do Concello a Eugenio González de Haz Díaz-Castroverde, cónsul honorario do Reino dos Países Baixos en Galicia e Asturias, así como a Antonio Corredoira Alfonso, cónsul honorario de Ucraína en Galicia.

Botón volver arriba