Noticias

A Xurés Bike Tour 2026 volverá reunir o mellor MTB galego e portugués

A Xurés Bike Tour 2026 celebrou esta mañá a súa presentación oficial no Miradoiro sobre o Monte Viso, no concello de Lobeira.

Esta proba, consolidada como unha das citas destacadas do calendario de bicicleta de montaña, alcanza a súa sexta edición. Cun formato tipo challenge, inclúe dúas competicións circulares con clasificación final nos concellos de Bande e Muíños.

A Xurés Bike Tour 2026 volverá reunir o mellor MTB galego e portugués

O percorrido tamén atravesará os municipios de Lobeira e Lobios, no corazón do territorio do Xurés.

A Xurés Bike Tour 2026 volverá reunir o mellor MTB galego e portugués
Foto: Delegación da Xunta

A competición reunirá a deportistas de MTB procedentes de toda Galicia e do norte de Portugal, combinando deporte, natureza e promoción turística nun dos espazos naturais máis emblemáticos da provincia.

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou que esta iniciativa contribúe a poñer en valor os recursos naturais e patrimoniais do territorio a través do turismo deportivo.

O delegado territorial incidiu ademais en que o formato da proba, desenvolvida ao longo de dous días, favorece a chegada de visitantes e acompañantes. Esto xerará un importante impacto económico nos establecementos hostaleiros e comerciais da comarca.

Botón volver arriba