O Splashpad da Alameda do Cruceiro e as tres fontes transitables de Ourense abrirán ao público este sábado, 13 de xuño. Estes espazos ofrecen unha alternativa de lecer e refrixerio durante os meses de verán.
A instalación de xogos acuáticos da Alameda do Cruceiro comezará a funcionar ás 10:00 h e permanecerá aberta diariamente en horario ininterrompido de 10:00 a 20:30 h.
O Splashpad da Alameda do Cruceiro abre este sábado
O recinto está concibido como un espazo gratuíto, seguro e accesible para o desfrute das familias ao aire libre.

Ademais, tamén entrarán en funcionamento as tres fontes transitables da cidade: a do Parque das Zapatillas, no barrio de San Francisco; a situada no parque xunto ao Insubad, no Couto; e a fonte lúdica de Ánxelita Paradela, na zona de Barrocás-A6.
O Splashpad forma parte da reforma da Alameda do Cruceiro e destaca polo seu carácter inclusivo, sen barreiras arquitectónicas. O espazo permite a interacción coa auga mediante chorros e arcos lúdicos. Este espazo incorpora un sistema de recirculación en circuíto pechado que contribúe á redución do consumo hídrico e á mellora da eficiencia ambiental.
Coa posta en marcha destas instalacións, o Concello de Ourense amplía a súa oferta de lecer estival.

