Tai Chi na rúa regresará ao Xardín do Posío de Ourense entre os días 1 e 17 de xullo cunha nova edición desta actividade gratuíta organizada polo Consello Municipal de Deportes.
A iniciativa celebrarase de luns a venres, en horario de 08:00 a 09:00h. A mesma está aberta á participación da veciñanza sen necesidade de inscrición previa.
O Posío acollerá a 42ª edición de Tai Chi na rúa
O programa, que alcanza este ano a súa 42ª edición, ten como obxectivo fomentar hábitos de vida saudables e promover a práctica de exercicio físico ao aire libre entre persoas de todas as idades.

A presentación da actividade desenvolveuse esta mañá no propio Xardín do Posío. Participaron o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e do mestre José Gago, encargado de dirixir as sesións.
Cada xornada terá unha duración dunha hora. Desde a organización recomendan acudir con roupa e calzado cómodos e chegar uns minutos antes do inicio da actividade para facilitar o desenvolvemento das clases.
O Consello Municipal de Deportes anima á cidadanía a sumarse a esta proposta, xa consolidada no calendario estival da cidade. A mesma combina actividade física, benestar e contacto coa natureza nun dos espazos verdes máis emblemáticos de Ourense.

