CSIF foi a forza máis votada nas eleccións sindicais do persoal funcionario do Concello de Ourense, celebradas este luns no centro cívico da rúa Colón, ao obter 161 votos e 7 representantes no órgano de representación dos empregados públicos.
A xornada electoral desenvolveuse entre as 10:00 e as 17:00 h, cun censo de 570 electores, dos que exerceron o seu dereito ao voto 415 persoas, o que supón unha participación próxima ao 72,8 %.
CSIF gaña as eleccións sindicais no Concello de Ourense
Do total de papeletas depositadas, 392 foron votos válidos asignados a candidaturas, rexistrándose ademais 9 votos en branco e 14 votos nulos.

Tras o reconto, a distribución de representantes quedou do seguinte xeito:
- CSIF: 161 votos e 7 representantes.
- SPPME: 76 votos e 3 representantes.
- CIG: 62 votos e 3 representantes.
- CC OO: 61 votos e 3 representantes.
- UGT: 32 votos e 1 representante.
Con estes resultados, CSIF convértese na organización sindical con maior representación entre o persoal funcionario do Concello de Ourense, seguida por SPPME, mentres que CIG e CC OO empatan en número de representantes e UGT completa a composición do órgano de representación.

