A 14ª edición do Concurso de microrelatos OZOCOgz celebrará este sábado, 11 de xullo, a súa gala de entrega de premios na Insua dos Poetas, combinando literatura, música e presentacións culturais nunha tarde aberta ao público.
O acto desenvolverase a partir das 18.00 horas no anfiteatro ao aire libre da Insua dos Poetas, na localidade da Esgueva (Madarnás, O Carballiño), á beira do río Pedriña.
OZOCOgz entrega os premios da XIV edición do Concurso de microrelatos
Ademais da entrega dos galardóns do certame literario organizado por OZOCOgz deseño galego, a programación incluirá a presentación do poemario Diacrónica, de Ramón Caride, nun acto no que o autor estará acompañado por Charo Valcárcel, encargada do prólogo da obra.

A xornada contará tamén con música en directo a cargo de Isidro Vidal e as Ozocoreteiras. Como peche da celebración, o grupo de rock ourensán distiNtos ofrecerá un concerto para rematar unha cita que, un ano máis, busca unir cultura e lecer arredor da creación literaria.
