O delegado da Xunta en Ourense participou na apertura da reunión técnica de coordinación e seguimento dos Obradoiros Duais de Emprego da provincia.
Estes obradoiros forman actualmente a 460 alumnos e alumnas traballadores de 57 concellos e catro mancomunidades.
Os Obradoiros Duais forman a 460 persoas en 74 concellos
O programa alcanza un total de 74 municipios e conta cun investimento global de 10.597.196 euros. A reunión permitiu avanzar na coordinación e no seguimento das distintas iniciativas, orientadas á formación e á mellora das oportunidades de acceso ao mercado laboral.


