Noticias

Vilariño de Conso mellora os seus espacios públicos frente ao cambio climático

Vilariño de Conso completou tres actuacións destinadas a mellorar a adaptación do municipio ao quecemento global, executadas ao abeiro da orde de axudas de 2025 da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

A Xunta destinou 180.000 euros a estas intervencións.

Vilariño de Conso mellora os seus espacios públicos frente ao cambio climático

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou este luns o municipio acompañado da alcaldesa, Melisa Macía, para comprobar o resultado dos traballos.

Vilariño de Conso mellora os seus espacios públicos frente ao cambio climático
Foto: Delegación da Xunta.

As actuacións incluíron a instalación de dúas pérgolas. Unha está na Casa do Concello e a outra no albergue municipal. Tamén se instalaron chorros de auga emerxente na praia fluvial. As intervencións buscan xerar zonas de sombra e espazos máis frescos para facer fronte ás altas temperaturas.

Publicaciones relacionadas

Pardo destacou que na convocatoria deste ano a Xunta destina preto de 600.000 euros a 11 proxectos en dez concellos de Ourense, o que representa o 42% dos 1,4 millóns de euros do orzamento global da liña.

Ademais de Vilariño de Conso, recibiron fondos Castrelo de Miño, Vilar de Barrio, Boborás, Larouco, O Riós, A Veiga, Barbadás, Amoeiro e Porqueira. A Veiga conta con dous proxectos beneficiarios.

Adaptación dos espazos públicos

O representante autonómico explicou que estas axudas buscan apoiar aos concellos na creación de espazos máis verdes e resilientes fronte ao cambio climático. Entre as actuacións subvencionables figuran a creación e mellora de refuxios climáticos, a plantación de árbores para aumentar a sombra, a mellora da drenaxe do solo e a creación de microclimas mediante láminas de auga.

Tamén se contemplan xardíns verticais, cubertas verdes, restauración de zonas húmidas e sendas que melloren a conexión entre os espazos urbanos e periurbanos.

Cada concello podía presentar ata tres proxectos, cunha subvención de ata o 80% do investimento subvencionable e un máximo de 60.000 euros por actuación.

Manuel Pardo lembrou que esta é a segunda convocatoria desta liña de axudas, posta en marcha en 2025 para impulsar políticas locais de adaptación ao cambio climático e mellorar a calidade de vida da cidadanía.

Botón volver arriba