O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa nova alcaldesa de Viana do Bolo, Graciela Diéguez, para analizar as principais demandas do municipio relacionadas coa Administración autonómica.
Durante o encontro, ambos responsables fixeron un repaso dos grandes proxectos e necesidades do concello que dependen da Xunta de Galicia, abordando as cuestións prioritarias para o futuro do municipio.
Manuel Pardo analiza coa nova alcaldesa de Viana do Bolo as demandas do municipio
Manuel Pardo aproveitou tamén a xuntanza para desexarlle a Graciela Diéguez unha etapa exitosa na nova responsabilidade que acaba de asumir á fronte da Alcaldía.


