Noticias

O Concello de Ourense gaña 40 prazas de aparcamento en José Antonio Nieves Conde

O Concello de Ourense incorporou 40 novas prazas de aparcamento na rúa José Antonio Nieves Conde tras reorganizar a distribución do estacionamento.

A actuación substituíu as antigas prazas en liña por estacionamento en batería nunha das marxes da vía, acompañado da correspondente sinalización horizontal.

O Concello de Ourense gaña 40 prazas de aparcamento en José Antonio Nieves Conde

Segundo o Concello, esta nova configuración permite aproveitar mellor o espazo dispoñible e incrementar a capacidade de aparcamento.

O Concello de Ourense gaña 40 prazas de aparcamento en José Antonio Nieves Conde
Foto: Concello de Ourense.

A medida busca facilitar o estacionamento tanto á veciñanza do barrio como ás persoas que se desprazan habitualmente por esta zona da cidade.

Botón volver arriba