Noticias

A Policía Local recupera obxectos roubados en vehículos

A Policía Local de Ourense recuperou diversos obxectos subtraídos de vehículos en dúas intervencións realizadas durante a noite do martes e a madrugada do mércores, nas que a colaboración cidadá e a coordinación coa Policía Nacional permitiron identificar dúas persoas presuntamente implicadas.

A primeira actuación desenvolveuse na rúa Pena Trevinca, tras un aviso sobre dúas persoas que estarían subtraendo efectos dun vehículo. Unha patrulla identificou a un dos sospeitosos.

A Policía Local recupera obxectos roubados en vehículos

Entre as súas pertenzas localizaron tres pares de gafas, un dispositivo de telepeaxe e unha caixa de ferramentas con cables. O propietario recoñeceu os obxectos, que foron recuperados, mentres os axentes realizaron as xestións correspondentes coa Policía Nacional.

A Policía Local recupera obxectos roubados en vehículos

Esta segunda intervención produciuse arredor das 00:55 horas, despois de que un veciño alertase de que dúas persoas estaban a manipular vehículos estacionados na contorna da avenida de Santiago para comprobar se estaban abertos.

A testemuña facilitou información que permitiu localizar a unha das persoas sinaladas na rúa das Tres Fontes. As comprobacións posteriores levaron os axentes ata unha furgoneta da que foran subtraídas varias chaves de vehículos e unha chaqueta. Estes efectos foron recuperados e devoltos ao propietario. A persoa interceptada foi trasladada a dependencias da Policía Nacional para a súa identificación e a tramitación das dilixencias.

Botón volver arriba