Noticias

Patrimonio autoriza a recuperación da pintada «Adiante semanario»

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizou as primeiras actuacións para analizar e recuperar a histórica pintada «Adiante semanario», situada na fachada oeste do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

A resolución, asinada o 23 de xuño, permite iniciar os estudos de danos, a diagnose conservativa e o deseño da súa futura musealización.

Patrimonio autoriza a recuperación da pintada «Adiante semanario»

A pintada, con máis de 93 anos de historia, está considerada un símbolo do galeguismo e vinculada a figuras como Celso Emilio Ferreiro e Xosé Velo. O mosteiro está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Patrimonio autoriza a recuperación da pintada "Adiante semanario"
Foto: Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

O expediente foi impulsado pola produtora Vaca Net TV SLU, responsable da alteración sufrida pola pintada o pasado 7 de marzo, baixo a dirección técnica do arqueólogo Eduardo Breogán Nieto Muñiz.

Patrimonio establece que os estudos deberán ser realizados por especialistas en conservación e restauración. Unha vez completadas estas fases, o proxecto terá que recibir unha nova autorización antes de executar as obras físicas de restauración.

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova reclama tamén que «Adiante semanario» sexa catalogada como elemento patrimonial propio, xa que actualmente non figura nun inventario ou catálogo formal.

Botón volver arriba