Noticias

A Policía Local de Ourense suma 12 novos efectivos

O Concello de Ourense reforza a Policía Local coa incorporación de 12 novos axentes como funcionarios de carreira, tras completar tres meses de prácticas no servizo municipal.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presidiu esta mañá o acto de toma de posesión dos novos efectivos, que se incorporan ao cadro de persoal municipal no marco da oferta de emprego público de 2020.

A Policía Local de Ourense suma 12 novos efectivos

Durante os últimos tres meses, os doce axentes completaron un período de prácticas no que recibiron formación intensiva para familiarizarse cos procedementos de traballo e co funcionamento da Policía Local de Ourense.

A Policía Local de Ourense suma 12 novos efectivos
Foto: Concello de Ourense.

Publicaciones relacionadas
Botón volver arriba