A Policía Local de Ourense detivo o venres 23 de outubro unha persoa á que lle interveu 37 envoltorios cunha substancia branca, aparentemente cocaína, e 975 euros en efectivo.
A actuación comezou durante un servizo de patrulla, cando os axentes deron o alto ao condutor dunha motocicleta para realizar varias comprobacións.
A Policía Local de Ourense detén unha persoa con 37 envoltorios sospeitosos de droga
Nese momento, localizaron 13 envoltorios entre as súas pertenzas.

Durante a intervención, a persoa intentou fuxir a pé e cruzou unha avenida entre vehículos en circulación, o que xerou unha situación de risco. Os policías seguírona ata darlle alcance e detela. Posteriormente, localizaron outros 24 envoltorios.
O detido foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional, onde os axentes locais entregaron os efectos intervidos e compareceron para dar conta dos feitos e tramitar as correspondentes dilixencias.

