Noticias

O Concello de Ourense pide reforzar o aforro de auga

O Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil reclaman á cidadanía que aforre auga ante a importante caída das precipitacións e dos caudais dos ríos.

Os datos do actual ano hidrolóxico reflicten unha situación de escaseza que podería prolongarse nos próximos meses.

O Concello de Ourense pide reforzar o aforro de auga

Segundo a información trasladada pola Confederación ao Concello, as precipitacións rexistradas están un 80 % por debaixo da media histórica, mentres que os caudais circulantes presentan un descenso do 64 % respecto dos niveis habituais.

O Concello de Ourense pide reforzar o aforro de auga

Ante esta situación, o organismo hidrográfico pide reforzar as medidas de concienciación, vixilancia e aforro que xa se aplican desde o verán para evitar os efectos da escaseza de auga a curto e medio prazo.

Tamén considera necesario mellorar a eficiencia das infraestruturas municipais e intensificar as campañas para fomentar un uso responsable deste recurso.

Pola súa banda, o Concello xa trasladou o informe técnico e as recomendacións da Confederación Hidrográfica á concesionaria do abastecemento e saneamento municipal, Viaqua, para que aplique as medidas operativas necesarias.

Botón volver arriba