Noticias

A Deputación aprobou 800.000 euros en axudas

A Deputación aprobou 800.000 euros en axudas na última Xunta de Goberno que presidiu o vicepresidente primeiro da institución, Rosendo Fernández.

Entidades culturais, proxectos municipais e accións no eido social son as receptoras da maior parte dos máis de 800.000 euros en subvencións aprobados esta mañá.

A Deputación aprobou 800.000 euros en axudas

Entre as axudas concedidas están os máis de 236.000 euros que recibirá o concello de Bande para mellorar a seguridade viaria. Tamén recibe unha importante achega económica o concello de Muíños con catro axudas que suman cerca de 250.000 euros.

A Deputación aprobou 800.000 euros en axudas
Foto: deputación de Ourense

Listado de subvencións aprobadas:

  • Concello de Bande
    236.000 euros para mellorar a seguridade viaria na travesía da vila
    10.000 euros para o Xurés Experience
  • Concello de Larouco
    45.000 euros para relacións interadministrativas
  • Concello de Monterrei
    48.000 euros para un proxecto piloto de axuda no fogar
  • Concello de Muíños
    10.000 euros par ao Xurés Experience
    79.000 euros para campamentos xuvenís
    107.800 euros para a construción dunha nave para o GES
    45.000 euros para mellora do saneamento
  • Concello de Piñor
    14.000 euros para o Rally Mix
  • Concello de Porqueira
    50.000 euros para gastos de funcionamento da residencia da terceira idade
  • Concello de Xunqueira de Ambía
    3.000 euros para o estudo de rehabilitación do retablo da Colexiata
  • Mancomunidade do Ribeiro
    50.000 euros para gastos de funcionamento
  • Mancomunidade de Verín
    50.000 euros para gastos de funcionamento
  • Entidade turística de Ribadavia, O Carballiño, Boborás e Leiro
    20.000 euros para gastos de funcionamento
  • Mancomunidade da comarca de Ourense
    15.000 euros para traballos medioambientais
  • Queiman y Pousa S.L.
    14.500 euros para un proxecto audiovisual sobre a Ribeira Sacra
  • Asociación Cultural Rebulir
    4.000 euros para a súa escola de baile e música tradicional
  • Colectivo Xingros
    6.000 euros para o Festival Hércules Brass
  • AA. VV. Santa María de Ansemil
    2.000 euros para gastos de funcionamento
  • Fundación de Discapacitados Psíquicos da comarca de Verín
    21.000 euros para gastos de funcionamento

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.