Eventos

A lingua das bolboretas en Ourense

A representación da obra A lingua das bolboretas supón o regreso, unha vez máis, do grupo Sarabela Teatro ó Auditorio de Ourense.

O teatro regresa ó Auditorio de Ourense da man dunha das compañías máis importantes da escena galega. Sarabela Teatro representará este venres, 19 de novembro ás 20:30h, a obra A lingua das bolboretas.

A lingua das bolboretas en Ourense

Baseada no libro de Manuel Rivas, a versión realizada por Fernando Dacosta contará cun importante elenco de actrices e actores. Sobre o escenario estarán Elena Seijo, Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, César Goldi, Fran Lareu e Josiño Porto. A obra trata da relación entre un mestre e o seu alumno. Unha relación de admiración e aprendizaxe do neno cara o seu mestre truncada polo inicio da guerra civil. Unha loita entre as liberdades e o medo á represión.

A lingua das bolboretas en Ourense

Esta obra permite á compañía Sarabela Teatro festexar o seu 40 aniversario. A calidade da representación de A lingua das bolboretas ven avalada polos premios acadados. Nos XXV Premios de Teatro María Casares conseguiu:

  • Mellor espectáculo
  • Mellor adaptación (Fernando Dacosta e Gonçalo Guerreiro)
  • Actor secundario (Fran Lareu)
  • Mellor Director (Gonçalo Guerreiro)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba