Noticias

A Romaría Feminista de Barbadás resiste ante as Tanxugueiras

A III Romaría Feminista de Barbadás resiste ante o concerto que as Tanxugueiras ofrecían en Allariz e logrou unha importante participación durante toda a xornada.

O reto era maiúsculo ó coincidir cunha importante oferta de actividades en toda a provincia. Carlos Núñez, Treixadura ou as Tanxugueiras eran alternativas que arrastran a un importante número de persoas. Ademais deses concertos, a Romaría Feminista de Barbadás tamén sufría unha chamada ó boicot por parte da Marcha Mundial de Ourense.

A Romaría Feminista de Barbadás resiste ante as Tanxugueiras

A pesares das dificultades, a xornada descorreu de forma positiva e logrou unha importante afluencia de persoas a tódalas actividades programadas.

O prato forte na xornada da mañá foi a presenza de Carmen Calvo, ex-vicepresidenta do goberno e presidenta da Mesa de Igualdade do Congreso. Antes da participación de Carmen Calvo, dous grupos locais, Pandereteiras de Sobrado do Bispo e as Lambisqueiras de Barbadás, actuaban durante a apertura da Romaría.

Trala pausa para xantar, a Romaría feminista contaba con dúas mesas de debate. Muller e emprendemento e Muller e Cultura contaban coa participación de referentes como Elena Ferro ou Ledicia Costas.

A Romaría Feminista de Barbadás resiste ante as Tanxugueiras
Actuación do grupo A Banda da Loba

Quedaba para o final da Romaría a actuación de tres grupos musicais. A Banda da Loba, DeVacas e The Tetas’s Van puxeron o punto final ante un numerosos público que gozou da súa música. Letras cun importante mensaxe social e feminista tiñan en ocasións un envoltorio no que a teatralidade e a sátira facían gozar a público de tódalas idades.

A III Romaría Feminista de Barbadás remata coa vista posta na edición de 2023 e coa sensación de ir asentándose como unha cita de referencia para a loita a favor da igualdade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba