Noticias

A senda peonil de Ribadavia ten garantías de continuidade

A senda peonil de Ribadavia, situada na N-120, ten garantías de continuidade tralo compromiso alcanzado pola alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez Travieso.

As obras desta senda peonil atópanse nestes intres na 1ª fase. Unha intervención que afecta a 100 metros de lonxitude e que inclúe a construción de muros de contención e varandas de seguridade. Este primeiro tramo das obras afectan ó cruce de Franqueirán e terán continuidade coa licitación dunha segunda fase.

A senda peonil de Ribadavia ten garantías de continuidade

A pesares do compromiso existente dende o 17 de novembro entre o concello de Ribadavia e a Dirección Xeral de Estradas,organismo dependente do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, os cambios recentes nos responsables da entidade obrigaron a Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia, a desprazase de novo a Madrid. Unha reunión con novos responsables da Dirección Xeral de Estradas permitiu a alcaldesa confirmar o compromiso da institución coa senda peonil de Ribadavia.

A senda peonil de Ribadavia ten garantías de continuidade
Responsable da Dirección Xeral de Estradas e Noelia Rodríguez, alcaldesa de Ribadavia

Unha vez confirmado o compromiso dos responsables da Dirección Xeral de Estradas para respectar o acordo alcanzado en novembro, os técnicos traballan para elaborar o proxecto da 2º fase. Esta obra permitirá mellorar a seguridade dos peóns neste tramo de estrada que conta cun importante volume de tráfico.

A senda peonil de Ribadavia ten garantías de continuidade
Obras da 1º fase

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.