Noticias

A Universidade de Compostela guiará o Plan de Dinamización de Ribadavia

A Universidade de Compostela (USC) guiará o Plan de Dinamización de Ribadavia a través do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia e o Grupo de Investigación Análise Territorial da Universidade de Compostela.

Esta equipa de traballo terá a Ismael Yrigoy, María José Piñeira Mantiñán e a Rubén Camilo Lois González como referentes do proxecto.

A Universidade de Compostela guiará o Plan de Dinamización de Ribadavia

Brais Fidalgo, concelleiro de Urbanismo e casco histórico de Ribadavia destaca que «este Plan de Dinamización pretende lograr unha planificación integral de todo o potencial da nosa zona monumental». Para acadar este obxectivo, a equipa de traballo terá que deseñar un Plan de Intervención Integral. Este Plan terá que adaptar a actividade social e económica ás directrices do Plan REXURBE.

Brais Fidalgo, concelleiro de Urbanismo e casco histórico de Ribadavia

O Plan non só pretende unha actuación urbanística. Brais Fidalgo sinala que os obxectivos están dirixidos «non só nos procesos de rehabilitación e renovación urbana, senón tamén en procesos de recuperación e rexuvenecemento da estrutura demográfica, a reactivación e diversificación económica, a mitigación dos procesos de vulnerabilidade, así como o fortalecemento do sentido de pertenza/identidade».

O Plan de Intervención Integral para o núcleo de Ribadavia terá en conta os seguintes aspectos:

  • Caracterización física, económica, social e ambiental do Centro Histórico de Ribadavia. 
  • Diagnóstico e definición de estratexias do Plan de Dinamización Integral.
  • Deseño dun programa plurianual de actuacións. 
A Universidade de Compostela guiará o Plan de Dinamización de Ribadavia

Este Plan de Intervención Integral incorpora o traballo realizado polo Xunta de Galicia mediante o Plan REXURBE. Esta iniciativa permitiu adquirir 6 inmobles para a súa recuperación cun investimento de 354.000 euros.

Botón volver arriba