O concello de A Veiga recupera o seu patrimonio material e inmaterial ó amparo dunha iniciativa que leva por nome «Tocar Ao Concello».
A Corporación Internacional Otra Escuela apoiada polas cooperativas galegas Feitoría Verde e Outonía puxeron en funcionamento este proxecto coa axuda das institucións.
A Veiga recupera o seu patrimonio
Deputación provincial de Ourense, concello de A Veiga e a Fundación LaCaixa aportan o financiamento necesario para realizar esta actividade. Tocar Ao Concello ten unha duración aproximada de un ano e permitirá recuperar parte da historia de A Veiga.
A recuperación e recompilación do patrimonio (roteiros, microtoponimia, lendas, etc..) fará posible que non queden no esquecemento.
O equipo que forman as entidades promotoras ten na veciñanza unha axuda fundamental. Entre todos, están desenvolvendo varias temáticas:
- As parteiras do Concello da Veiga.
- Oficios das mulleres.
- Recompilación de fotografías antigas.
- Fontes e mananciais.
- Cancioneiro popular.
- Coplas e cantigas.
- Antigos colmeares/alvarizas.
- Castros.
- Sendeiros tradicionais que unen pobos.
- Receitas de cociña.
- Etc.
Recentemente, tivo lugar unha reunión de traballo na biblioteca municipal. Araceli Macías e Tania Sánchez (Outonía S. Coop.) e Miguel Pardellas (Feitoría Verde S. Coop.) analizaron xunto aos colaboradores o avance dos recursos recollidos.