Nós, a Xente do Redor, presenta mañá unha nova entrega da súa revista cultural que alcanza o nº 6 cun contido de gran calidade.
Como non podía ser doutra forma, o Liceo de Ourense acollerá a presentación do sexto número da revista cultural Nós, a Xente do Redor.
A Xente do Redor presenta unha nova entrega da súa revista
Nesta nova edición, destaca a portada, obra da artista Lola Doporto. Natural de Valdeorras, a súa obra é froito dunha formación autodidacta onde destaca o uso do color, elemento de expresión persoal da artista.
No interior, diversos traballos literarios e un especial recordo á figura de José Antonio Viñas, recentemente finado. Todo ese traballo a prol da cultura verá a luz no acto que terá lugar mañá xoves, 17 de febreiro ás 20:30h, no Liceo de Ourense.
Os asistentes terán que confirmar a súa asistencia para gozar co nacemento deste novo número e as actuacións musicais previstas. Iván Pérez, recanteiro de Luar, será un dos artistas que contribuirá a enriquecer esta velada cultural.