Noticias

ABANCA e ADAO impulsan a artesanía de Ourense

ABANCA reforzou o seu compromiso co comercio local coa sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación de Artesáns de Ourense (ADAO), un acordo orientado a apoiar o crecemento dun sector con relevancia económica, social e histórica na provincia.

O acordo foi rubricado en Ourense pola directora de zona de ABANCA en Ourense centro, Lara González, e pola presidenta de ADAO, Olga Santos, quen tamén analizaron a situación actual do pequeno e mediano comercio ourensán e acordaron manter unha comunicación directa para atender as necesidades do colectivo.

ABANCA e ADAO impulsan a artesanía de Ourense

O convenio permitirá ás persoas asociadas acceder a solucións financeiras específicas, entre elas préstamos, pólizas de crédito, avais, leasing ou liñas de desconto comercial, ademais do Programa Servizos ABANCA, que elimina determinadas comisións bancarias.

ABANCA e ADAO impulsan a artesanía de Ourense
Foto: CEO

Tamén inclúe acceso a ferramentas dixitais, vantaxes na contratación de TPVs e o plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, dirixido a autónomos para complementar a súa xubilación con beneficios fiscais.

Botón volver arriba