O Concello de Ourense rendeu esta mañá homenaxe a Alexandre Bóveda no 123 aniversario do seu nacemento cun acto institucional celebrado fronte á súa casa natal, na rúa da Barreira.
No acto participaron representantes de todos os grupos políticos municipais e da Fundación Alexandre Bóveda.
Ourense lembra a Alexandre Bóveda no 123 aniversario do seu nacemento
A concelleira de Educación e Asuntos Sociais, Tamara Silva, destacou a figura de Bóveda como principal impulsor técnico do Estatuto de 1936 e defensor da lingua galega, da cultura e dos valores democráticos. Tamén lembrou que o seu legado continúa presente na Galicia actual.

Pola súa banda, Ernesto Vázquez Rey, da Fundación Alexandre Bóveda, puxo en valor a contribución do homenaxeado ao desenvolvemento da autonomía galega e a súa traxectoria profesional, destacando o seu papel na creación da Caixa de Aforros de Pontevedra.
O acto rematou cunha ofrenda floral e co agradecemento ás persoas asistentes.

