Eventos

Allariz presenta a súa programación de Nadal

Allariz presenta a súa programación de Nadal que inclúe actividades musicais, teatro, obradoiros, deporte e a tradicional visita dos Reis Magos.

O Nadal ten unha parada imprescindible en Allariz. O concello presentou unha atractiva proposta de actividades que se suman á decoración disposta en distintos puntos da localidade.

Allariz presenta a súa programación de Nadal

A programación de Nadal de Allariz dará comezo o sábado, día 17, coa obra de teatro «Pedras de Cartón» e rematará tamén con teatro o domingo, 8 de xaneiro.

  • Sábado 17 – Teatro infantil
    Pedras de Cartón
  • Domingo 18 – Concerto
    Escola da Banda Unión Musical de Allariz
  • Venres 23 – Teatro Musical
    Malasombra Produccións
  • 26 de decembro a 3 de xaneiro – Nadal Parc
  • Martes 27 – Obradoiro
    Postais de Nadal de Fíos
  • Xoves 29 – Obradoiro
    Tatuaxes
  • Venres 30 – Obradoiro
    Postais de Nadal de Fíos
  • Sábado 31 – A Derradeira
    Carreira Popular Solidaria
  • Xoves 5
    Cabalgata de Reis
  • Sábado 7 – Monólogo
    David Amor, Love está en el aire
  • Domingo 8 – Teatro Infantil
    Sarabela teatro – Asemblea Xeral
Allariz presenta a súa programación de Nadal

Botón volver arriba