Colaboraciones

Alternativas e solucións ao botellón en Ourense

Alternativas e solucións ao botellón en Ourense. Artigo de Natalia Gonzalez Benéitez, Secretaria Xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense


A pasada fin de semana a Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense e as Xuventudes Socialistas de Ourense organizamos un foro de debate aberto á cidadanía para abordar e poñer o foco nun tema tan impopular e controvertido como é o fenómeno do botellón na nosa cidade e no noso país.

Un problema interxeracional, que non só é da xente moza como tendemos a pensar, e que coexiste con outro problema coma o da tolerancia social co alcol ante a ausencia de percepción dos seus perigos reais.

No products found.

Alternativas e solucións ao botellón en Ourense

Para afrontar de maneira directa o problema temos claro que é necesario un compromiso interdisciplinar, que ata o de agora é inexistente, nos eidos educativo, sanitario, familiar e das administracións públicas. Pedagoxía, prevención de adiccións, coñecemento dos riscos do consumo do alcol, do chamado “binge drinking” ou atracón de alcol, alternativas de ocio e fomento e creación de novos lugares de interacción social nas zonas urbanas.

Un dos grandes obstáculos co que nos atopamos é a normativa insuficiente e superficial que existe a nivel autonómico e estatal, que no caso máis próximo, que é o da Xunta de Galicia, se centra nas cuestións de orde público motivadas polo botellón e non no fondo do problema desta práctica tan estendida.

Alternativas e solucións ao botellón en Ourense

Tampouco podemos obviar, e moito menos aquí, o papel inexistente do Concello de Ourense nos últimos case oito anos co PP e por Jácome, que non só botaron por terra todo o traballo do anterior goberno socialista en materia de saúde e mocidade, senón que paralizaron a necesaria aprobación da nova ordenanza municipal do botellón nos últimos tempos.

Neste ámbito todos coincidimos na necesidade de deixar de mirar para outro lado dende as administracións públicas e ter a valentía lexislativa necesaria para poder neutralizar a problemática.

Un dos grandes obxectivos deste tempo no que vivimos é chegar á xuventude da man da xuventude. Empatizar con eles e confiar neles, porque están chamados a ser a xeración valente e responsable que poida reverter esta situación e asumir o posible custe da toma de decisións importantes que logran os grandes avances sociais.

Ao igual que acadamos fixar na nosa sociedade actual unha conciencia ambiental e feminista maioritaria, ten que haber conciencia de que pode existir ocio e diversión compatible coa saúde física e mental.

Alternativas e solucións ao botellón en Ourense

Se alguén pode facer algo ao respecto eses somos os socialistas, así foi históricamente en Ourense, en Galicia e no noso país, e así o faremos, da man do consenso social e a través dun modelo participativo de cidade para os veciños e veciñas en Ourense.

En definitiva, esta foi unha xuntanza altamente produtiva que deixou sobre a mesa o compromiso para unha segunda edición, porque é imprescindible seguir a abrir debates, fomentar a participación, e sobre todo poñer sobre a mesa alternativas e solucións para que Ourense avance.


Alternativas e solucións ao botellón en Ourense. Artigo de Natalia Gonzalez Benéitez, Secretaria Xeral da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE de Ourense

Botón volver arriba