O Concello de Ourense abrirá ao tráfico a rúa Pena Trevinca mañá, martes 14 de abril, a partir das 8:00 h, segundo informou a administración local.
A reapertura realizarase de forma provisional, permitindo a circulación de vehículos con dous carrís habilitados, un en sentido de subida e outro de baixada, co obxectivo de recuperar a mobilidade nesta zona da cidade.
A rúa Pena Trevinca recupera o tráfico desde este martes en Ourense
De maneira paralela, o Concello continuará coa execución das obras pendentes, centradas na reparación das beirarrúas, polo que se recomenda extremar a precaución tanto a condutores como a peóns mentres duren os traballos.


