Renóvase o apoio da Deputación de Ourense para contribuir á limpeza, conservación e mantemento do Castelo de Monterrei. «O concello non ten recursos suficientes para estes traballos», indica o alcalde José Luis Suárez. A achega económica da Deputación será de 40.000 euros. Este diñeiro permitirá realizar traballos de limpeza de maleza, control da vexetación e recollida de lixo. O Castelo de Monterrei incrementou nos últimos tempos a afluencia de visitantes converténdose nun destino turístico de calidade.
