Noticias

Aprobada unha moción para elaborar un Plan de Inversións en Ourense

Foi aprobada unha moción do PSdeG-PSOE para instar ó goberno municipal a elaborar un Plan de Inversións no concello de Ourense.

A moción presentada polo partido socialista recibiu os votos a favor do Partido Popular e o BNG para crear o Plan Municipal de Inversións.

Aprobada unha moción para elaborar un Plan de Inversións en Ourense

Esta proposta permitiría crear unha comisión delegada que estude as necesidades dos diferentes barrios e realice propostas de inversións que se aprobarían no pleno municipal. «É público e notorio que as actuacións do actual goberno municipal do Concello de Ourense, presidido polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, teñen coma sinais de identidade a improvisación, a falla de transparencia e a incapacidade para chegar a acordos coa oposición» indicou o concelleiro socialista José Ángel Vázquez Barquero.

Aprobada unha moción para elaborar un Plan de Inversións en Ourense
Foto: PSdeG-PSOE

Na defensa desta moción, Vázquez Barquero destacou que «é posible anticipar as actuacións para a cidade e planificar. E é posible, por suposto, chegar a acordos coa oposición. Xa que non ten maioría absoluta, recomendámoslle que o faga. E que aprobe esta iniciativa para contar tamén coa opinión da cidadanía, barrio por barrio».

Botón volver arriba