Eventos

Arteficial retoma a súa aposta pola música electrónica

A Asociación Arteficial retoma a súa aposta pola música electrónica e programa para este 2025 unha edición do festival Electroficial.

Dentro da extensa programación que esta entidade desenvolve durante todo o ano, nesta ocasión apostan pola música electrónica.

Arteficial retoma a súa aposta pola música electrónica

O sábado, 1 de febreiro, terá lugar este evento que xa formou parte da programación de Arteficial no ano 2012. Será 13 anos despois cando esta Asociación retome a súa aposta por dar unha maior presenza a este formato.

No cartel deste festival Electroficial atopamos artistas de renome a nivel internacional e importantes figuras da música electrónica en España.

Arteficial retoma a súa aposta pola música electrónica

ICF – Dj con traxectoria en espazos como Mondo Club de Vigo ou a Sala Siroco de Madrid. Na actualidade é habitual en festivais como Re:sound de Reino Unido ou Soundwaves de Croacia.

Conde – Cunha selección de música Dub-house, House e minimal, Conde chega desde Benicássim.

Grima – Procedente de Mataró, Grima propón unha selección de grooves e ritmos bailables.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.